O Concello de Negreira promove en colaboración co Centro de Información á Muller (CIM), o I Concurso fotográfico “Día da muller rural de Negreira”, co gallo da celebración, o sábado 15 de outubro do día internacional da muller rural, co que se busca reivindicar o papel da muller, recoñecéndose o seu papel e contribución na promoción do desenvolvemento agrícola e rural, mellora da seguridade alimentaria e a erradicación da pobreza no rural.
O obxectivo é facer partícipes ás persoas para que fagan chegar as súas instantáneas, nas que as mulleres deben ter un papel protagonista. Está dirixido a profesionais e afeccionados á fotografía, residentes en España, e poderedes gañar un vale de 100 € para consumir no comercio local de Negreira.
Envía a túa foto ata o 25 de outubro a: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
A continuación, expóñense as Bases do I Concurso fotográfico “Muller rural” do Concello de Negreira, en adiante, o Concurso.
Datos adxuntos:
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe en Negreira cando aos alcaldes de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, e de Padrón, Antonio Fernández Angueira, na presentación do proxecto cultural “Reencontro coa Galicia Medieval”, unha nova proposta que promoverá nos meses de outubro, novembro e decembro, a Galicia medieval a través da música, a arte e distintas actividades divulgativas co apoio da Xunta, e os concellos de Negreira e Padrón, así como Afundación.A coordinación corre a cargo do catedrático, José Antonio Ponte Far, sendo patrocinado pola Xunta de Galicia, baixo a organización do Grupo Medievalium Gallaecia. As actividades levaranse nos concellos de Negreira, Padrón e Ferrol.
Inclúen unha exposición de pintura medieval do pintor, Pedro Castro Couto; un concerto de música medieval co grupo Medievalium Gallaecia; unha conferencia ilustrada polo catedrático, José A. Ponte Far, baixo o título: Os castelos medievais galegos; e maila presentación da unidade didáctica: A Idade Media en Galicia (S. V-XV), da catedrática, Mª Eva Ocampo Vigo.
Datas:Negreira: 22 ao 31 de outubroPadrón: 3 ao 14 de novembroFerrol: 3 ao 17 de decembro
O Concello de Negreira solicitou ao Servizo Galego de Saúde (Sergas), a través dunha comunicación remitida tanto á Xerencia da Xestión Integrada de Santiago coma á propia Consellería de Sanidade, que consideren optar por vacinar ás persoas maiores de 80 anos no propio centro de saúde de Negreira, tralo chamamento para inocular a cuarta dose da vacina fronte á covid.
Ante o feito de ter que desprazarse ata o vacinódromo da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, unha instalación, din “bastante innacesible e apartada”, o Concello estima que debería contemplarse a posibilidade de vacinarse no centro de saúde xa que unha maioría da poboación maior de oitenta anos ten problemas de mobilidade, ou non dispoñen de “medios materiais ou persoais para desprazarse ata Santiago”.
Desta maneira, o Concello súmase á protesta colectiva das persoas maiores de 80 anos citada para vacinarse na Cidade da Cultura, de cara a que poida recibir a cuarta dose no seu centro de saúde. “Sería moito máis eficaz e beneficioso para o Sergas, xa que garantirían unha maior asistencia de persoas, e para a veciñanza, sería máis accesible e menos prexudicial desprazarse ó mesmo centro de saúde”, segundo sinala o escrito asinado polo alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez.
O Concello de Negreira deu hoxe o pistoletazo de saída á tempada das escolas deportivas e culturais rexistrando a maior cifra de usuarios e usuarias dende que foron implantadas. Trátase de 730 prazas ocupadas para unha ampla oferta de actividades que alcanza a todas as idades, o que demostra a gran aceptación que seguen tendo as escolas municipais que son unha referencia non só a nivel local, senón tamén a nivel comarcal xa que son moitas as persoas usuarias que proceden de concellos da contorna de Negreira.
A duración das escolas é de sete meses, rematando o 15 de maio de 2023. Cómpre salientar que entre a oferta de escolas deportivas, as disciplinas de pádel, e a de ximnasia de maiores, son dúas das que máis usuarias agrupan. Incluso, a de ximnasia de maiores, que conta con 58 persoas usuarias, houbo de ser ampliada nunha quenda máis, debido á forte demanda de prazas. Tamén destaca a novidade de zumba, de nova implantación e que conta con 42 usuarias no seu primeiro curso.
Entre as actividades culturais; pintura e pandeireta seguen sendo as favoritas entre a nosa veciñanza con máis de 150 nenos e adultos, entre as dúas disciplinas.Dende o Concello de Negreira salientamos o “éxito” e a “extraordinaria acollida” que seguen tendo as escolas municipais nunha clara aposta pola vida saudable, a práctica deportiva e o fomento das actividades culturais e artes escénicas, tendo en común que a oferta abrangue a todas as idades.
Consulta a listaxe de admitidos:
https://bit.ly/3CdzOKs
Sométese a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública, da urxente ocupación de bens e dereitos afectados polo proxecto LAT 132kV SET do parque eólico Troitomil ao parque eólico Banzas, coa SET colectora de Lousame, que afecta aos concellos da Baña e Negreira, tralo acordó do 8 de setembro de 2022 da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.
O promotor é a empresa Green Capital Power, S.L., e o proxecto cun orzamento de execución de 1.982.045,17 € conta cun prazo de execución de seis meses.
As alegacións pódense presentar nun prazo de 30 días, a contar dende o día seguinte ao da última publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia, e que comeza a partir do martes, día 4 de outubro de 2022. Toda a documentación do proxecto pódese consultar no Concello de Negreira, o una web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, a través da seguinte ligazón:
https://bit.ly/3SoJubT
Páxina 10 de 240