O Concello de Negreira súmase á campaña de sensibilización Liberdade de Ser e Sentir!, impulsada desde Políticas de Igualdade da Deputación da Coruña con motivo do día da diversidade sexual que se celebra cada 28 de xuño. Nesa semana colocarase a bandeira coas cores do arco da vella nos edificios oficiais.
Esta campaña está formada por mais de 50 concellos e entidades da nosa provincia e ofrece contidos de sensibilización sobre a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas con independencia da súa orientación sexual e identidade de xénero. Contaremos con palestras, recomendacións literarias, accións participadas online, web serie, etc.
Podedes seguila e desfrutala ata o propio día 28 de xuño na web seresentir.gal
Durante este período irase subindo paulatinamente contido á web, onde xa están dispoñibles varios capítulos da serie web S.E.X., que trata temas como a sexualidade, corpos, desexos, relacións íntimas..., e tamén a primeira das palestras, onde a xornalista Bárbara G. Vilariño entrevista á karateka Cristy Tojo:
https://youtu.be/Lr-AmAoPLtc
#seresentir