pontemaceira-bic.png

O Consello da Xunta vén de dar luz verde este xoves 19 de maio, ao Decreto polo que declara ben de interese cultural (BIC), na categoría de monumento, ao conxunto patrimonial de A Pontemaceira, entre os concellos de Negreira e Ames. Remata desta maneira un longo proceso iniciado no ano 2017 por iniciativa conxunta dos concellos de Ames e Negreira, quenes solicitaron este recoñecemento para acollerse a unha declaración contemplada na Lei do Patrimonio Cultural, do ano 2016.


Para a declaración de A Pontemaceira como BIC, a Xunta solicitou o ditame de órganos consultivos coma o Consello da Cultura Galega, a Universidade de Santiago de Compostela e, a Real Academia de Belas Artes sobre o valor cultural desta infraestrutura histórica de enxeñería en pedra.


Todos os informes solicitados foron favorables ao recoñecemento, recalcando o seu carácter histórico e maila súa antigüidade, a súa influencia na configuración do territorio, a súa calidade construtiva e o estado de conservación, xunto coa documentación que demostra a súa autenticidade.


O alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, congratulouse desta agardada nova: «Agardemos que sirva para outorgarlle unha maior protección e traballos de conservación, ante os danos na súa estructura por parte da Xunta, xa que tanto Ames como Negreira levamos pedíndolle unha intervención nos muiños, na presa e na ponte, que non acaba de producirse», indicou o mandatario municipal.


A declaración BIC inclúe no catálogo do patrimonio cultural unha trintena de hórreos, cruceiros e muíños, sometidos ao mesmo réxime de protección que o resto de inmobles que integran o conxunto, facendo do conxunto de A Pontemaceira unha paraxe natural e patrimonial, única do Camiño de Fisterra e Muxía.


O vello viaducto de pedra foi levando entre os séculos XIII e XIV polo poder eclesiástico de Compostela, e conserva a estrutura clásica medieval, aínda que o seu estado actual é froito da restauración acometida no século XIX para liquidar unha ruína documentada en 1792, que impedía a súa utilización. En 1987 sufriu outro desmoronamento parcial, acometendo a Xunta a súa restauración entre o 1991 e o 2001, con obras complementarias dos concellos de Ames e Negreira na súa contorna.

powered by social2s

Diseño sin título (17).png

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe cando á alcaldesa accidental, María del Mar García Vidal, na presentación do XI Certame de Poesía Xosé Manuel López Ardeiro durante un acto no que fíxose entrega da edición do poemario gañador da última edición, e que se celebrou no salón de plenos da Casa do Concello. Estiveron acompañados polo presidente do xurado, José Antonio Ponte Far, e mailo membro do mesmo, o poeta Xulio López Valcárcel, en representación de Medulia Editorial coma editor do libro, así coma familiares do finado poeta de Logrosa, entre outros.

A obra gañadora en 2021 foi Furtivas, cuxo autor é Rafa Vilar, natural de Cee e filólogo e escritor, sendo un dos promotores do Batallón Literario da Costa da Morte. O libro está composto por 70 poemas que foron editados nun libro por Medulia Editorial como parte do premio que entrega a Consellería de Cultura, dunha edición total de 300 exemplares, aparte do premio en metálico de 2.500 euros que xa lle foi entregado en decembro pasado durante o acto do fallo do xurado por parte do Concello de Negreira.

Anxo M. Lorenzo salientou o apoio da Xunta a certames como o Xosé M. López Ardeiro de poesía que dende hai once anos organiza o Concello de Negreira co apoio da Xunta, e engadiu: «Esta iniciativa constitúe ademais unha homenaxe ao poeta negreirés, cuxa frutífera obra pervive a través deste certame e das propostas que a el se presentaron nestas dez edicións», apuntou.

Este acto celebrado hoxe serviu para presentar unha nova edición do certame, a undécima. O prazo de presentación das obras vai do 26 de xullo ao 1 de decembro. A contía do premio repite coma na edición de 2021: a publicación do poemario gañador por parte da Dirección Xeral de Cultura, coa entrega dun lote de exemplares, así coma 2.500 euros de premio en metálico por parte do Concello de Negreira. O segundo finalista recibirá un premio consistente en 500 euros en metálico por parte do Concello de Negreira.

O fallo do xurado darase a coñecer nun acto a celebrarse no Auditorio do Centro Sociocultural, o venres, día 16 de decembro de 2022.

Diseño sin título (18).png

Os poemarios deben ser orixinais, inéditos e non ter sido premiados con anterioridade en calquera outro concurso ou certame. Deben estar escritos en lingua galega e terán unha extensión mínima de 350 versos e máxima de 700, escritos con tipografía de imprenta (tipo Arial 12 ou similar), a dobre espazo, e con absoluta liberdade do autor/a en canto a estrofas, medida e rima. Os participantes deben presentar unha copia impresa e outra dixital (en formato Word ou pdf), sen sinatura, e facendo constar neles soamente o título e o lema. Noutro sobre deberán achegar no seu interior: o lema xunto co nome, dous apelidos, fotocopia do D.N.I., e número de teléfono do autor/a, e no exterior de dito sobre consignarase o lema e o certame ao que se presenta. Compre sinalar que só se abrirán os sobres dos poemarios premiados.

Os traballos deberán ser entregados na Delegación de Cultura e Deportes, na primeira planta da Casa da Cultura, na Carreira de San Mauro, número 11 (15830 Negreira – A Coruña). Mais información: 981 885 886 ou a través do enderezo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

powered by social2s

Fondo.JPG

O Alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, en nome da Corporación Municipal do Concello de Negreira, quere expresar as máis profundas condolencias e o fondo pesar polo triste pasamento de Luís Calviño Pueyo, quen fora concelleiro da Corporación entre os anos 2011 e 2015, sendo concelleiro de Cultura no Goberno.

O Concello de Negreira comunica que gardará un minuto de silencio na súa memoria, na vindeira sesión plenaria da Corporación, ao tempo que quere mostrar o seu pésame a familiares e achegados por tan triste perda dunha persoa moi vinculada con Negreira, municipio no que naceu no ano 1949.

powered by social2s

Diseño sin título (9).png

 

Despois da reunión da Comisión de Baremación, celebrada o pasado venres, día 13 de maio de 2022, aos efectos de valorar as solicitudes de novo ingreso así como a listaxe de agarda na Escola Infantil Municipal do Concello de Negreira para o curso 2022-2023, publícanse as listas provisionais, despois de efectuado o sorteo para as prazas de comedor.

As presentes listaxes sométense a información pública polo prazo de 10 días hábiles. Unha vez rematado este prazo, a Alcaldía ditará o decreto coas listaxes definitivas e abrirase o prazo de matrícula, o cal será do 1 ao 15 de xuño, en horario de 9.00 a 14.00 horas na propia Escola Infantil, con previa cita no número de teléfono: 981 881 858.

 

Por outra banda, e á vista da problemática coas prazas de comedor que conleva que moitos nenos/as non poden acceder á Escola Infantil nos horarios solicitados e vista a situación de excepcionalidade deste curso escolar, comunícase que dende o Concello de Negreira iniciáronse as oportunas xestións para tratar que tódolos rapaces que foron convocados para o sorteo público, poidan acceder a dito servizo. Para iso, pedirase certificación acreditativa dos horarios laborais de ambos proxenitores e levaranse a cabo as comprobacións oportunas.

powered by social2s

Concello2

 

Mediante acordo de 5 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de A Coruña da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, sométese a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública para a urxente ocupación de bens, do proxecto da Solución de evacuación conxunta dos parques eólicos Maragouto e Banzas, nos municipios de Mazaricos, Brión, Lousame, Negreira, Outes e Rois (expediente IN408A 2020/144).


O acordo foi publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG), do pasado día 5 de maio de 2022, polo que ábrese un período de 30 días para a exposición pública en cada concello, para a presentación de alegacións, contados a partir do día seguinte a súa publicación.


Prema na seguinte ligazón para acceder a toda a documentación relativa ó proxecto de de declaración de utilidade pública e urxente ocupación de bens e dereitos.

Attachments:
Download this file (Anuncio.pdf)Anuncio.pdf

powered by social2s