parque-eolico-negreira.png 

 

O Concello de Negreira informa de que a empresa ENEL, a concesionaria do parque eólico de Corzán, acometerá a xestión da biomasa da zona ocupada polas súas instalacións, é dicir, as pistas de acceso ao parque e as franxas perimetrais de cada un dos aeroxeradores. O concello foi notificado dunha acta dirixida a administradora dende a Consellería de Medio Rural, na que se recorda a obriga de manter as súas instalacións en bo estado.

 

Esta obriga está recollida na lei 3/2007 do 9 de abril, no seu artigo 20 bis, de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia, a cal establece que, “nas instalacións de produción de enerxía eléctrica eólica deberá xestionarse a biomasa na superficie afectada de pleno dominio e voo, de acordo co establecido no Plan sectorial eólico de Galicia, ao redor de cada aeroxerador de produción de enerxía eólica instalado.

 

Así mesmo, nos camiños interiores das ditas instalacións a xestión da biomasa vexetal, no estrato arbustivo e subarbustivo, farase nos cinco metros dende a aresta exterior do camiño. Neste último suposto, non se esixirá a retirada de árbores das especies sinaladas na disposición terceira.

 

A xestión da biomasa nas instalacións comezará nos próximos días tal e como obriga a lei mencionada anteriormente. Para calquera problema que poidan atopar os propietarios e propietarias das parcelas, poden poñerse en contacto co responsable do parque eólico, Fran, no número 672 376 186.

powered by social2s