bolechas.png


Os monecos están de xira coa Xunta de Galicia e farán a súa parada no noso concello, o xoves día 30 de decembro co espectáculo "O crebanoces de Nadal". As entradas son de balde, e a cita é a partir das 18:00 horas no Auditorio do Centro Sociocultural, dentro da programa de Nadal.


Os Bolechas van preparar unha carta a Papá Noel, pero a cousa complícase e deciden seguir o labor comendo noces, que así pensan mellor. Mais as noces teñen a casca moi dura e escachan os dentes. Entón, os irmáns collen un crebanoces na cociña, pero trillan os dedos. De súpeto, alguén chama á porta e aparece un enorme crebanoces de Nadal chegado directamente de Alemaña para axudalos, mais ao pouco de empezar, o convidado fica inmóbil. Tras unha chamada ao 112, os Bolechas descobren que o crebanoces non é humano, senón un boneco de corda e, ademais, non teñen a chave para volver activalo. Poderán os Bolechas recuperar o seu crebanoces de Nadal?


Para descubrir como acaba o misterio que se lle presenta á familia Bolechas este Nadal, os interesados poderán achegarse a este espectáculo de monicreques manipulados, o xoves día 30 en Negreira.

powered by social2s