silvicolas.jpgA través destas achegas que alcanzan un orzamento de 13 millóns de euros, prevése executar melloras en 7.000 hectáreas e chegar a 500 beneficiarios, despois da súa publicación onte luns 4 de febreiro, no Diario Oficial de Galicia, polo que desde hoxe está aberto o prazo para solicitalas, a través dunha orde da Consellería do Medio Rural que regula a concesión destas axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais.

 

O prazo de solicitudes é dun mes a contar a partir do martes 5 de febreiro, sendo unhas axudas cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, a través do cal a Xunta subvenciona dous tipos de accións: Unha dirixida a prácticas preventivas que permitan crear descontinuidades verticais e horizontais da cuberta vexetal e o control selectivo de combustible vexetal para a prevención de incendios; e unha segunda liña de axudas, que o é para a realización de tratamentos silvícolas e plantacións puntuais de determinadas árbores, directamente vinculadas ao incremento dos valores ecolóxicos dos bosques que non teñan carácter produtivo.

 

 

Poden optar a estas axudas as Sociedades de Fomento Forestal (Sofor), os propietarios particulares de forma individual, as asociacións e as agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta. Tamén se poden acoller as cooperativas agrarias, os proindivisos, os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens, as entidades locais e as comunidades de montes veciñais en man común.

 

Pódese acceder á orde nesta ligazón

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190204/AnuncioG0426-020119-0003_gl.html

powered by social2s