foto portada nova.jpg

 

O Verán Cultural 2021 continua con música e actuacións no patio interior do CEIP O Coto. Este sábado 21 ás dez estará en Negreira unha das agrupacións máis importantes do folk en galego, Luar na Lubre.


Tras trinta e cinco anos de traxectoria e unha vintena de proxectos, o grupo organiza unha nova xira nacional para presentar o seu último lanzamento: “Vieiras e Vieiros, historias de peregrinos”, un viaxe nas historias do Camiño de Santiago co son característico de Luar na Lubre que saíu á luz durante o 2020. Os asistentes poderán gozar dun repertorio moi variado, con temas deste último álbum e as cancións máis soadas do afamado grupo galego.


No escenario tamén os acompañarán os oitenta membros da agrupación folclórica Cantigas e Agarimos. Ofrecerán unha actuación de canto coral, baile e música tradicional galega.

foto fondo nova.jpg

 

powered by social2s