Debido ás consecuencias provocadas pola pandemia, o bono social para as familias con dificultades económicas aplicarase tamén a outros colectivos vulnerables. Estes inclúen ás persoas que se atopen en paro, situación de ERTE, que padezan unha redución da súa xornada laboral ou que cesasen drásticamente a súa actividade no caso de autónomos e empresarios.
Como declarou o Goberno de España, os bonos sociais para a electricidade, a auga e a telefonía móvil, seguirán dispoñibles para o ano 2021. No caso do bono social eléctrico, mostrará unha actualización que será beneficiosa para os usuarios e usuarias.
As persoas que cumpran os requisitos establecidos serán considerados consumidor vulnerable e poderán optar ao bono en concreto.
O bono social eléctrico permite obter un desconto a varios colectivos, incluíndo consumidores vulnerables (25%), consumidores vulnerables severos (40%) e grazas á nova actualización, agora tamén estará para consumidores vulnerables a causa da COVID-19 (25%).
O bono de auga varía dependendo do municipio ao que pertenza o solicitante. A contía do bono depende de varios factores, incluíndo o número de habitantes por fogar, o feito de ser familia numerosa, persoas maiores de 65 anos, ou persoas en risco de exclusión social e renda baixa.
O bono telefónico ofrece a posibilidade de contratar unha liña fixa de teléfono a un prezo reducido e alcanzable para persoas con renda baixa como xubilados e pensionistas. A primeira instalación do teléfono custará 30,324€ cando actualmente ten un gasto de 101,08€ (menos un 70%). Ademais, en función do lugar de residencia poderase obter un 95% de desconto na cota mensual.
Para maior información poden poñerse en contacto cos Servizos Sociais no número de teléfono: 981 885 381