A Sociedade Folclórica Veiga do Cotón non se deu por vencida coa obrigada suspensión da vinteoito edición do Día da Muiñeira, que debía celebrarse este primeiro sábado do mes de xuño, atraendo ata a nosa vila, a agrupacións folclóricas de toda a provincia da Coruña como vén sendo habitual no final da primavera. Como queira que as restriccións do estado de alarma non permitían a súa celebración física, é polo que dende Veiga do Cotón e mailo Concello de Negreira, decidiuse celebrala de forma virtual este sábado.
O evento poderá seguirse dende a páxina de Facebook do Concello de Negreira, este sábado día 6 de xuño, a partir das seis da tarde.
A organización agradece a colaboración do grupo anfitrión Veiga do Cotón, así como os grupos: Terra de Ames; Churía de Zas; Rosalía de Castro, de Padrón; o ex compoñentes do grupo Eidos, da Coruña, ou a agrupación Xilbarbeira, de Boiro, entre outros grupos participantes.