negreira promocionase en fitur co camino de fisterra e muxia

A Asociación de Concellos do Camiño de eFisterra e Muxía, formada polos concellos de Negreira, Ames, Dumbría, Cee, Corcubión, Fisterra e Santiago de Compostela, e co apoio da Deputación da Coruña, presenta esta tarde na Feira Internacional de Turismo de Madrid (Fitur), un vídeo promocional do roteiro xacobeo que serve de presentación da súa primeira web: www.ateofin.gal

 

Un ano máis, Negreira atópase presente en Fitur, unha das feiras de turismo máis importantes do mundo, coa presentación do vídeo promocional e a nova web sobre o Camiño de Fisterra e Muxía, coa intención de difundir mellor a ruta e dala a coñecer, pois é sabido que tódolos itinerarios xacobeos chegan a Compostela, pero este non, pois parte do Obradoiro cara a Fin do mundo.

 

Os datos sinalan que son máis de 36.000 as persoas que reciben cada ano a fisterrana, o documento que acredita ter feito o Camiño de Fisterra e Muxía. E ó contrario do que sucede no resto de roteiros xacobeos onde a meirande parte de caminantes son nacionais, no noso entre o 60 e o 70 € de peregrinos son de nacionalidade estranxeira, polo que a Asociación de Concellos estima que é necesario continuar coa promoción.

 

Até o fin, el Camino de Santiago acaba en el mar, terá a súa presentación hoxe a partir das 18:45 horas no pavillón de Galicia, no Recinto Feiral Ifema de Madrid, xusto a continuación da presentación do destino Starlight da Costa da Morte, por parte do Xeodestino Costa da Morte, e Un mar de gracias, a iniciativa que promove a Asociación de Empresarios do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía “Solpor”, e que serán as tres últimas desta segunda xornada en Fitur.

 

Mostra en Negreira

 

Un grupo de estudantes do ciclo de Comercio, pertencentes ó instituto Xulián Magariños e acompañados polas súas profesoras, foron os primeiros visitantes da exposición sobre o Camiño de Fisterra e Muxía, que até o 30 de xaneiro pode verse na planta baixa do Centro Sociocultural da vila.

 

 

negreira promocionase en fitur co camino de fisterra e muxia2

 

A mostra está promovida pola Asociación de Concellos do Camiño de Fisterra e Muxía, dentro do seu proxecto para difundir a ruta desde Compostela. Os estudantes recibiron explicacións do alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez, quen acompañóunos no percorrido pola mostra cando ó concelleiro de Turismo, Juan Platas, e maila concelleira de Educación, Teresa Duro Leis.

 

A exposición documental está estructurada en oito seccións, e dirixida polo deseñador Pepe Barro, autor do proxecto de identidade Até o Fin, que inclúe a nova web, o vídeo promocional e maila exposición. Está integrada por imaxes do fotógrafo Álvaro Arribi e textos breves, que falan das terras do Fin do mundo, das lendas xacobeas, dos peregrinos actuais e históricos, etapas da ruta, albergues ou lugares significativos como a paraxe natural de A Pontemaceira, ou sobre a tradicional cuncha de vieira, apañada polo bispo Xelmírez no século XII, algún areal da Costa da Morte.

 

A exposición pódese ver de luns a venres, de 9 a 14 horas, e de 16 a 21 horas, no Centro Sociocultural.

powered by social2s