crespo260318.jpgJorge Crespo Arias acadaba esta pasada fin de semana unha fantástica cuarta posición no cros para maiores de 35 anos do  Campionato de Europa de Atletismo en categoría de veteranos baixo teito, celebrado en Madrid, mostrándose moi valente ao tirar do grupo, se ben finalmente non puido entrar no podio individual e por equipos.

 

A nosa noraboa para Jorge Crespo, todo un exemplo de deportista e orguio para Negreira por ternos representado en campionatos autonómicos, nacionais e agora tamén, de Europa. 

 

Medalla de bronce para Carla Rodríguez

 

A karateca negreiresa Carla Rodríguez, pertencente á Escola Akai Ryu, acadou a medalla de bronce grazas ao terceiro posto na modalidade de kata por equipos no Campionato de España Sénior celebrado a pasada fin de semana na localidade de Tomares, en Sevilla.

 

carla260318.jpg

 

Carla Rodríguez estivo acompañada no equipo de kata sénior feminino por Ariadna Rocha, do Club Bunkai de Ferrol, e Carla Fernández, do Club Shihan de Lugo, dentro dunha Selección Galega integrada por unha ducia de deportistas.

 

Próximamente, a fin de semana do 13 ó 15 de abril, vaise desputar en Benidorm (Alacante), os Campionatos de España Infantís coa participación de catro xóvenes karatecas do Akai Ryu: David Rico (campión galego en kata alevín); Nicolás Carnota (campión galego en kumite alevín); Raúl García (kumite infantil como campión galego), e Ildara García, campioa galega en kumite xuvenil. Todos eles acompañados da súa preparadora, Ainhoa Rodríguez como integrante do corpo técnico da Selección Galega de Kárate.

powered by social2s