O Concello de Negreira informa á veciñanza do comezo este venres 15 de outubro, da tempada das actividades deportivas e culturais 2021/22, e que van ter unha duración de 8 meses, finalizando o 15 de maio de 2022.
Todas as persoas inscritas nas actividades foron admitidas debido ao levantamento das restricións sanitarias en Galicia, e maila ampliación de aforos. A pesar disto, aínda deberemos cumprir coas seguintes normas durante as clases:
1.- Uso obrigatorio da máscara en todas as actividades.2.- Na entrada dos recintos haberá xel hidroalcólico para os usuarios.3.- Non se poderá usar as duchas nas instalacións.4.- Estará habilitada unha zona de entrada e outra de saída, naqueles recintos que se poda realizar.
Consulta aquí a listaxe de persoas admitidas: