O programa do Verán Cultural deste ano segue traendo máis propostas, e para a xornada do venres 15 de xullo prepara unha das súas citas principais como son os concertos do Nicrarock.
Este evento xa é un dos festivais máis importantes da nosa comarca, e trae unha interesante proposta para os que gusten de estilos musicais vinculados co heavy, metal e rock galego.
A velada contará con tres bandas de solvencia que porán en escea un directo cargado de intensidade:
-Talesien, será a formación que abrirá ás 22:30h.
- Bala, comezarán a súa actuación ás 00:00h.
- Arrithmya, pechan o evento a partir da 1:30h.
O lugar de celebración será a Praza do Concello con acceso totalmente gratuíto.