O Concello de Negreira porá en marcha no lugar de A Barquiña, unha nova edificación para o Punto de Información Turística e un centro etnográfico, en pleno trazado do Camiño de Fisterra e Muxía. O proxecto denominado: Reforma e adecuación para Punto de Información Turística e Etnográfica do Concello de Negreira, en A Barquiña, é unha obra financiada polo programa europeo Leader, cun investimento total de 87.590,69 euros, dos que 61.313,48 euros corresponden á axuda pública.

 

Sobre a reforma da edificación existente, unha parte vai ser destinada a sala de exposicións para exponer a cultura e tradicións de Negreira. A nova edificación será dedicada ao Punto de Información Turística, prestando especial atención aos milleiros de peregrinos que cada ano percorren o Camiño de Fisterra e Muxía dende Compostela, nunha situación privilexiada que inclúe unha zona exterior de lecer e descanso, con mesas e bancos.

 

powered by social2s