prog_dep.jpgA Primavera Deportiva-Cultural, é unha programación composta 26 actividades de deporte, teatro ou música, da que sobresae o Ciclo de Teatro 2018 con nove representacións repartidas entre os meses de abril, maio e xuño, todas elas no Auditorio do Centro Sociocultural, e nas que as entradas serán de balde, agás para as obras: Os Coleccionistas (20 de abril), e A culpa é do sistema (30 de abril), que teñen un prezo de 10 euros.

 

En abril destacan citas como a Xuntanza de gaiteiros (sábado 21), ás 20:30 horas co Liceo de Noia, a Escola de Gaita de Negreira e maila Escola de Ames; ou a Clausura das Escolas Deportivas (sábado 28), ás 16:00 horas no Pavillón de Pedra Mámoa.

 

Maio comezará coa presentación do libro ¨Catro décadas de fútbol do Negreira Veteranos¨, o venres 4 ás nove da noite no Auditorio, mentres que o sábado 5 celebrarase o Encontro dos maiores, e o sábado 12 a sexta edición da Copa Akai Ryu, destacando a presenza da Selección Española de Kárate, ou o acto de entrega dos Premios de Contos e Pintura Infantil (o martes 15); ou o XXI Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala e mailo Concerto das Letras Galegas, da Banda Ateneo, ambos o sábado 19 de maio. O último domingo de maio celebrase o XXVI Día da Muiñeira, ás seis do serán na praza do Concello.

 

E para rematar, nas vésperas do verán, teremos un mes de xuño moi deportivo que comezará o sábado 2 coa Gala de Ximnasia Rítmica e maila final do Torneo Intercentros; o sábado 9 co III Triatlón Solidario e do 25 ó 27 co Campus de porteiros da SD Negreira. Entre medias, o domingo 3 actuará a cantante Tania Fuegho no Auditorio.

 

Consulta aquí toda a información:

 

· http://aine.gal/

· Programación Primavera

· Cartel Ciclo de Teatro 2018

powered by social2s