davila.jpgDeseñador gráfico pola Escola de Artes e Oficios Pablo Picasso, da Coruña, e enxeñoso humorista gráfico, Luis Davila é o responsable da elaboración do cartaz anunciador das grandes festas do Entroido barcalés deste 2018, do 9 ó 17 de febreiro, en que as xentes de Negreira e quenes nos visitan viven de maneira singular unha festa de arraigo popular, do propio pobo.

  

Luis Davila é o autor dun bo número de sorrisos diarios a través das súas tiras de humor O Bichero e O Fotomatón, nas páxinas do xornal Faro de Vigo, pero tamén fai cavilar aos seus lectores, porque coma él mesmo dí «debuxar é a miña voz, é o meu altofalante, e o meu xeito de expresarme. Recoñece que O Bichero «ten na idiosincrasia galega o seu éxito», e que vivir en Galicia «é a miña inspiración, aparte da actualidade diaria. Esta actualidade mestúroa coa nosa maneira de ver a vida. O xeito en que os galegos se toman as cousas está reflectido na miña tira».

 

Luis Davila xunto con Carlos Blanco, unen os seus talentos en divertidos espectáculos co público en directo. En novembro de 2016 fixérono coa estrea do ciclo Menú da fala, da Deputación da Coruña, no Auditorio de Negreira.

 

pepo_suevos3.jpg

 

O actor Pepo Suevos, pregoeiro do Entroido

 

Comezou a súa andaina profesional coma contacontos e desde entón ten participado en multitude de longametraxes con papeis secundarios, así coma na maioría das series máis coñecidas da Televisión de Galicia, e tamén nalgúns programas da pequeña pantalla. En outubro de 2017 participou no 5º Ciclo de Monólogos de Negreira.

 

A súa bagaxe na pantalla grande comezou en 2002 con Entre bateas, de Jorge Coira, seguíndolle outros filmes como Ilegal (2003), de Ignacio Vilar; Máis ca irmáns (2005), de Ramón Costafreda; Heroína (2005), de Gerardo Herrero; Chapapote…o no (2006), de Ferrán Llagostera; El partido (2006), de Juan Calvo; Unha muller invisible (2007), de Gerardo Herreo; Padrolongo (2008), de Ignacio Vilar , e A esmorga (2014), de Ignacio Vilar.

 

En televisión participou en series de éxito como Pratos combinados; Mareas vivas; Rías Baixas; Terra de Miranda; As leis de Celavella; Hospital Central (Telecinco); Padre Casares e Matalobos, así como en programas como Luar ou O show dos Tonechos, entre outros.  

 

powered by social2s