A Corporación municipal prestou aprobación ó expediente de contratación da obra: Renovación del alumbrado exterior público en el municipio de Negreira-IDAE, contemplada dentro da subvención concedida en novembro de 2021 polo Instituto para la Diversificación Energética, dependente do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, e que alcanza un 80% do total da obra que foi presupostada en 2.106.863 €.

 

O orzamento co que sairá a licitación o que é o proxecto de maior montante adxudicado polo Concello na presente lexislatura, ascende a: 1.978.275, 62 €. Permitirá a renovación de 2.764 luminarias co seu cambio á tecnoloxía LED, ademáis dos cadros de mando. Incluirá melloras na iluminación artificial dos campos de fútbol de Cepelo e o Jesús García Calvo, das canchas de tenis e pádel, no Complexo Deportivo Municipal de Pedra Mámoa, ou na praza das Brañas.

 

A aprobación saiu adiante cos votos a favor dos sete concelleiros do Partido Socialista no goberno, e coa abstención dos catro concelleiros do Partido Popular, quenes sinalaron que non tiveran tempo dabondo para estudar un expediente de máis de dúas mil páxinas, de ahí, a súa abstención.

 

En virtude desta actuación, a auditoría enerxética que se realizou ao comezo do proceso, estima un aforro do 70 por cento da futura factura eléctrica en gasto derivado do consumo do alumeado exterior de Negreira.

 

Outros asuntos

O resto de asuntos foron aprobados por unanimidade. Entre eles, prestouse aprobación inicial, cun periodo de exposición pública de dous meses, ao Plan Especial de Protección, infraestructuras e dotacións do Miradoiro do Monte do Cotro, na parroquia de Campolongo, cara a dótalo dunha maior protección polo proxecto do parque eólico Banzas, en trámite para construir na súa contorna. Igualmente, deuse luz verde á modificación orzamentaria nº 39/2022 por suplemento de crédito por valor de 40.264 € para facer fronte ao pago dos atrasos polo incremento do 1,5% no salario dos empregados municipais no 2022 previsto nunha lei estatal.

 

Asemesmo, ratificouse, o Decreto de Alcaldía, para a convenio de colaboración coa Deputación da Coruña para executar a obra de saneamento e humanización na rúa Rosalía de Castro, cun investimento de 180.000 €. No punto primeiro, convalidouse o convenio de colaboración entre os concellos de Negreira e Val do Dubra, de data 2 de novembro de 2022, para a solicitude conxunta dunha subvención á Xunta de Galicia para a xestión compartida en agrupación de concellos, do servizo de Atención Temperá no marco da Rede Galega.

 

powered by social2s