negreiraaodia

O Concello pon en marcha un novo servizo para informar aos veciños que o precisen a través dunha canle de 𝗪𝗵𝗮𝘁𝘀𝗔𝗽𝗽 que leva o nome de “Negreira ao Día”.

A intención é a de comunicar as actuacións e obras no concello, a axenda cultural, os avisos urxentes ou as actividades municipais.

 

Para sumarse a esta canle de WhatsApp primeiro é preciso agregar o número 609 704 109 aos contactos, e logo enviar unha mensaxe dende a propia aplicación a ese número coa palabra 𝗔𝗟𝗧𝗔.

 

Dende ese mesmo momento xa se poderán recibir comunicación en disposivos compatibles con WhatsApp.

As normas de uso poden consultarse no seguinte documento anexo.

 

powered by social2s

foto02082023

A Corporación Municipal de Negreira celebrará unha sesión extraordinaria do Pleno municipal, o luns día 7 de agosto, a partir das 12 do mediodía, no salón de plenos da Casa do Concello, conforme á seguinte Orde do día:

 

PRIMEIRO.- Dar conta da constitución de Grupo Político Municipal.

SEGUNDO.- Dar conta da resolución de Alcaldía sobre o nomeamento de Tenente de Alcalde e membro da Xunta de Goberno Local, nomeamento de Concelleiro-delegado e periodicidade das sesións ordinarias da Xunta de Goberno Local.

TERCEIRO.- Creación e composición das Comisións Informativas Permanentes.

CUARTO.- Designación de representantes da Corporación en órganos colexiados.

QUINTO.- Periodicidade das sesións ordinarias do Pleno da Corporación.

SEXTO.- Establecemento de réximes de especial dedicación: réxime de dedicación exclusiva para o cargo da Alcaldía e réxime de dedicación parcial para o cargo da Concellería delegada de Servizos Sociais, Muller e Igualdade.

SÉTIMO.- Réxime de indemnizacións por asistencia a órganos colexiados e dotacións económicas a Grupos Políticos.

 

Attachments:
Download this file (Convocatoria.pdf)Convocatoria.pdf
powered by social2s

DSC 0642

A Corporación Municipal de Negreira celebrará unha sesión extraordinaria do Pleno municipal, o luns día 17 de xullo, a partir das 20:00 horas, no salón de plenos da Casa do Concello, conforme á seguinte Orde do día:

- Primeiro.- Toma de posesión do Concelleiro electo don José Antonio Villar Caamaño.

- Segundo.- Dar conta da constitución dos Grupos Políticos Municipais.

- Terceiro.- Creación e composición das Comisións Informativas Permanentes e designación de representantes da Corporación en órganos colexiados.

- Cuarto.- Dar conta das resolucións de Alcaldía sobre o nomeamento de Tenentes de Alcalde e membros da Xunta de Goberno Local, delegacións e creación da  Concellerías de Área.

- Quinto.- Establecemento de réximes de especial dedicación: réxime de dedicación exclusiva para o cargo da Alcaldía e réxime de dedicación parcial para o cargo da Concellería delegada de Servizos Sociais, Muller e Igualdade.

Attachments:
Download this file (Convocatoria.pdf)Convocatoria.pdf
powered by social2s

Ata o venres 28 de xullo está aberto o prazo de inscrición para os programas de conciliación que ofrece durante todo o c urso educativo, o Concello de Negreira. Tanto o programa Madrugadores coma o Merendas, dirixida á rapazada cuxos pais e nais estean traballando e non teñan con quen deixálos.

 

As inscricións deben formalizarse no Centro de Información á Muller (C.I.M.), na planta baixa da Casa do Concello (en horario de mañá, de luns a venres). Máis información no número de teléfono: 981 886 320.

 

Documentación que se precisa para o programa Madrugadores e Merendas 2023-2024:

- Modelo normalizado de ficha de inscrición

- DNI dos responsables do menor

- Libro de familia, sentenza ou resolución administrativa que acredite a relación xurídica entre ambos

- Tarxeta sanitaria do/a menor

- Declaración do IRPF e no caso de non presentala certificación negativa

- Xustificante bancario de ingreso do prezo público

- Xustificante da situación de emprego (Informe vida laboral, última nómina, pago último recibo de autónomos).

-Xustificante da necesidade do servizo por incompatibilidade horaria (certificado de demandante de emprego, xustificante de realizar unha busca activa de emprego, xustificante de asistencia a accións de formación laboral).

 

Datos adxuntos:

powered by social2s

Fondo

O Alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, en nome da Corporación Municipal do Concello de Negreira, quere expresar as máis profundas condolencias e o fondo pesar polo triste pasamento de José Baña Blanco, veciño da parroquia de Alvite e quen fora concelleiro da Corporación formando parte do goberno local presidido por José Manuel López Tuñas, entre os anos 1987 e 1995, así como de 1995 a 1999 sendo concelleiro do PSOE na oposición.

 

O Concello de Negreira comunica que gardará un minuto de silencio na súa memoria, na vindeira sesión plenaria da Corporación, ao tempo que quere mostrar o seu pésame a familiares e achegados, por tan triste perda dunha persoa moi vencellada con Negreira, tanto na vida municipal como a través da súa forte vinculación co activismo agrario a través do sindicato Unións Agrarias de Galicia.

powered by social2s