A Xunta de Galicia, a través da orde do 25 de marzo de 2019, oferta 362 prazas para a estancia e os tratamentos a través do progrma de benestar a través da talasoterapia 2019, que se levarán a cabo nas quendas e establecementos designados.
Persoas beneficiarias
Persoas maiores de 60 anos ou de 55 anos sendo pensionista por xubilación, invalidez ou viuvez entre outras que estén empadroadas nalgún concello da Comunidade. Para poder solicitar este programa, a persoa interesada deberá poder valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria, agás no caso de fillas ou fillos que acudan en calidade de acompañantes.
E importante que non ter contraindicaciñon médica para a recepción dos tratamentos termais, non padecer enfermedades de carácter contaxioso, nin alteracións do comportamento que poidan afectar á convivencia.
Acompañantes
A persoa que a solicite poderá ir acompañade do seu cónxuxe, parella de feito ou persoa coa que teña unha unión estable e de convivencia, que cumpra os requisitos anteriores.
Un fillo ou filla cun grao de discapacidad superior ao 33%, que sexa autónoma, comparta cuarto cos pais e cumpra os requisitos arriba referidos.
Duración
As quendas teñen unha duración de seis dias e cinco noites cada unha, realizaránse en réxime de pensión completa e comprenderán dende as 14:00h do dia de chegada ata as 12:00h do dia de saída, serán entre os meses de maio e novembro de 2019.
Servizos
O programa conta co aloxamento e manutención en pensión completa e en cuartos dobles, acceso diario ao circuíto mariño e a póliza de colectiva de seguro turístico.
O desprazamento de ida e volta entre o domicilio e o establecemento será por conta propia da persoa beneficiaría, aínda que o establecemento facilite esta comunicación.
Os beneficiarios que queiran aloxarse nun cuarto individual, terá que facerse cargo da diferenza do custo que supoña. As que precisen unha dieta especial, deberán informalo no momento de presentar a solicitude e deberán mostrar probas que o acrediten.
As actividades extras que organice o establecemento con custo adicional, serán os beneficiarios os que se farán cargo por conta propia.
Prezo
A achega da consellería de Política Social ao finanzamento será do 31.08% do custo da praza en cada talaso. O resto do importe ata completar o custo da praza será por conta da persoa beneficiaria, sen que proceda efectuar dedución ningunha se por calquera causa imputable á persoa beneficiaria do programa non goza da totalidade dos servizos. Os prezos rondan entre os 287,50€ e os 361,00€. Na páxina da Xunta se poden consultar a tabla completa de destinos e prezos.
Documentación
a. Copia compulsada do pasaporte, se procede, relativa á persoa solicitante e, se fose o caso, á que a acompaña: cónxuxe, parella de feito ou relación análoga á conxugal, filla ou fillo con discapacidade ou outra persoa.
b. Copia do libro de familia da persoa solicitante no caso de que queira acudir ao programa acompañada dun fillo ou filla con discapacidade.
c. Certificado do grao de discapacidade do fillo ou filla da persoa solicitante, se o dito certificado non fose expedido pola Xunta de Galicia ou non estivese no poder desta.
d. Certificado das pensións non outorgadas polo INSS nin pola Xunta de Galicia, da persoa solicitante e da acompañante, se for o caso.
e. Informe médico actualizado no caso de ter algunha limitación, alerxia ou enfermidade que requira dalgunha atención especial (tratamento farmacolóxico, alimentación, accesorio de apoio, habitación individual...).
Prazo de presentación
Un mes desde o día seguinte á publicación da orde no DOG. Ata o 2 de maio de 2019.
Lugar de presentación
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Máis información
Dirección xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade. Subdirección xeral de Promoción da Autonomía Persoal e Prevención da Dependencia Tlfno: 981 546737/ FAX: 981 545691; correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. http://politicasocial.xunta.gal/web/portal/portada-de-maiores Teléfono Social: 900 333 666