entroid_inf_2018.jpgO baile e concurso de disfraces infantil do Entroido 2018 do Concello de Negreira reuniu onte á tarde, a máis de setenta participantes no Centro Sociocultural, nunha festa na que non faltaron os obradoiros e a música como preámbulo ao concurso celebrado no Auditorio. O xurado encargouse de valorar os diferentes disfraces para outorgar os premios que foron entregados polo alcalde, Jorge Tuñas Caamaño.

 

Grupo A (de 1 a 6 anos)

1º premio - Hugo e Iago Pérez Lías, polo disfraz Honor samurai.

2º premio - Claudia e Mariña Suárez Liñares, polo disfraz Bolboretas de flor en flor.

3º premio - Adrián Sánchez Brenlla, polo disfraz Homiño de papel.

 

Grupo B (de 7 a 16 anos)

1º premio - Pablo e Yago Barrioso Valeiro, polo disfraz Os trasnos da carballeira.

2º premio - Catuxa Sampedro Pereira, polo disfraz Lady farrapos.

3º premio - Noelia Ramos Vidal, polo disfraz A boneca de crochet.

 

powered by social2s