xornadaInformativaSobreANovaPac

 

Negreira acolle unha xornada informativa sobre a nova PAC (Política Agraria Común), promovida dende a Oficina Agraria Comarcal, o luns día 13 de febreiro no auditorio da Casa da Cultura (Carreira de San Mauro, 11), a partir das 11:00 horas.

Dita xornada que está dirixida a explotacións agrarias da comarca de Barcala, vai ser impartida por Javier Franqueira, xefe do Servizo Territorial do FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria) na Coruña.

As axudas da Política Agraria Común son fundamentais para a viabilidade das explotacións agrarias da comarca de Barcala. Ata finais do pasado 2022 no empezaron a sair as novas normativas que acompañarán este proceso, polo que non houbo demasiado tempo para dar a coñecer todas as novidades, que ademais, son moi importantes coma no caso das que afectan ao que antes coñecíase como pago verde, que suponía un 25% da axuda. A modificación é sustancial no relativo a cuestión medioambientais.

powered by social2s