negreira e val do dubra renovan o convenio de atencion tempera

 

Os alcaldes de Negreira e Val do Dubra, Manuel Ángel Leis Míguez e José Manuel Varela Rodríguez, respectivamente, cando ás concelleiras de Servizos Sociais, María del Mar García Vidal e Rosa Parafita Romero, respectivamente, asinaron un novo convenio para o mantemento da Unidade de Atención Temperá para o periodo 2022-2024, xa que ambos concellos comparten este servizo que dende marzo de 2022 forma parte da Rede Galega de Atención Temperá, con financiación da Xunta de Galicia e fondos da Unión Europea.

 

A UAT concíbese coma un espazo biopsicosanitario que realiza intervencións dirixidas á rapazada de 0 a 6 anos, a súa familia e o seu entorno. Na actualidade, atende a 63 nenos e nenas. Os luns, martes e mércores, nas instalacións de Negreira, na rúa de Castelao. Os xoves e os venres, en Val do Dubra.

 

A Unidade de Atención Temperá de Negreira e Val do Dubra confórmana catro especialistas que se distribúen nas áreas: conductal; cognitiva, linguaxe e psicomotora. Trátase dun equipo interdisciplinar no cal se realizan tarefas de acción nas intervencións e de coordinación tanto a nivel interno coma en outros organismos da contorna.

 

Manuel Ángel Leis Míguez, alcalde de Negreira, subraiaba que é un servizo “fundamental” e que seguirán “nesta liña de colaboración pola boa valoración que fan os técnicos do servizo e sobre todo as familias, que son as que realmente teñen que decir se están contentos coa prestación”, sinalou. Pola súa banda, José Manuel Varela Rodríguez, alcalde de Val do Dubra, salientou o feito de que comparten a mesma filosofía que Negreira, de que é “un servizo esencial que naceu froito da colaboración entre os dous concellos e de que debemos dar todo o noso apoio ás familias”, precisou.

 

En continuidade coa atención dos menores con diversidade, dende o Concello de Negreira xerouse un espazo de traballo para menores de 6 a 14 anos, a través do Servizo Terapéutico Municipal, cuxa profesional encargada de coordinar a UAT e o servizo, é a logopeda, María Jesús Cao Meitín. O servizo municipal ofrece unha atención especializada para atender as necesidades específicas, dándolle continuidade á atención realizada ata os seis anos.

powered by social2s