Informámos que dende o luns día 25 de maio, a atención ao público nas dependencias municipais verase limitada a casos de urxencia e extrema necesidade, con cita previa que se obterá chamando aos seguintes números de teléfono:
Concello (Oficinas xerais): 981 885 250/981 885 550Policía Local: 881035161/676 454 882Servizos Sociais: 981 885 381Centro de Información á Muller (CIM): 881 035 155/ 662 370 448
O horario de atención ao público nas oficinas da Casa do Concello será de: 8:00 a 15:00 horas, de luns a venres.
Aquelas persoas que accedan ás dependencias municipais deberán cumprir co disposto na Orde SND/422/2020, de 19 de maio, pola que se regulan as condicións para o uso obrigatorio de máscara durante a situación de crise sanitaria ocasionada pola Covid-19 (BOE nº 142, de 20 de maio de 2020).
O Concello pide á veciñanza que continúe colaborando na loita contra o virus e siga as recomendacións do Ministerio de Sanidade, a Consellería de Sanidade e o Concello de Negreira.
No caso de ter algún síntoma contactar co teléfono de información para a cidadanía 900 400 116.
Ligazón a Cita Previa