akai1234.jpgNegreira contará con cinco xóvenes karatecas no Campionato de España Infantil que se celebra esta fin de semana en Albacete. Pertencen á Escola Akai Ryu, e forman parte da Selección Galega integrada por 25 deportistas.

 

Esta aportación demostra a puxanza do kárate no noso concello, sendo unha das canteiras máis frutíferas de Galicia, pese a que a Escola Akai Ryu, que dirixe Ainhoa Rodríguez, non ten unha traxectoria de moitos anos e é un club pequeno.

 

David Rico, repite convocatoria co combinado galego, participando na modalidade de kata infantil e, por primeira vez, en kumite infantil -35 quilos. En canto a Nicolás Carnota, que vén de conseguir dúas medallas en ligas nacionais, participará en kumite Infantil +45 quilos.

 

Os tres debutantes coa Selección Galega son: Estela Osorio, en kumite infantil -42 quilos; Lle Zhou, en kata infantil e Gabriel Furelos, en kata alevín.

 

Desexámoslles aos cinco o mellor nesta a súa participación no Campionato de España Infantil, este sábado e domingo, na cidade de Albacete, onde estarán acompañados polas súas familias e pola súa preparadora, integrante do corpo técnico da Selección Galega de Kárate.

 

 

powered by social2s