ufd investiu

Destaca a ampliación da capacidade de suministro na zona de O Cotón

 

A distribuidora eléctrica UFD, pertencente á compañía Naturgy, investiu o pasado 2022 entorno a 300.000 € en actuacións de mellora de instalacións en Negreira, en aras de aumentar a capacidade da rede de distribución e optimizar a fiabilidade da subministración. Entre outras actuacións, UFD reformou os centros de transformación de Curxido, Cornado, Gonte e Campelo.

 

Unha das actuacións máis demandadas pola veciñanza que puso fin a longos anos de cortes eléctricos por mor dos efectos dos temporais da invernía, foi a ampliación da capacidade e reestructuración de toda a rede de distribución de baixa tensión na zona baixa de Negreira: Praza de Ferreiro, praza do Cotón e Vilachán de Abaixo, co obxecto de incorporar toda a subministración na propia rede de distribución do centro urbano para mejorar a calidade no servizo a particulares e negocios.

 

Precisamente para supervisar esta mellora longamente agardada poola cidadanía da zona de O Cotón, Vilachán, Ponte Negreira, O Corpachón, Patrocinio, Negreira e Negreiroa, o delegado de UFD en A Coruña, Emilio Castro, e mailo xefe de Operacións en Santiago, Fernando Fernández, visitaron Negreira onde foron recibidos polo alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez, para inspeccionar os últimos traballos realizados. O alcalde agradeceu a UFD a súa colaboración co municipio “especialmente nos últimos anos con melloras tan importantes para Negreira como a retirada do centro de transformación e mailos contadores dende o interior do CEIP O Coto para o exterior do propio colexio, redundando nunha maior seguridade dos escolares, pois evita riscos e xa que logo era unha antiga demanda da comunidade educativa”, ao tempo que fixo fincapé nas últimas actuacións executadas por UFD na zona de O Cotón “que tanto tempo levaban reclamando os cidadáns para non ver interrompida a subministración cando se producen temporais, algo que aínda sucedeu o 31 de decembro pasado”, dixo Manuel Ángel Leis, congratulándose da colaboración con UFD que redundou no beneficio da veciñanza.

 

Emilio Castro destacou que o investimento realizado en Negreira “é unha proba máis do compromiso desta compañía co desenvolvemento enerxético do municipio, pois as actuacións realizadas aumentarán a capacidade da rede de distribución, ademais de mellorar a fiabilidade do sumnistro eléctrico”, ao tempo que minimizan os tempos de agarda ante calquera incidencia.

 

UFD tamén aplicou novas tecnoloxías para avanzar na telemedida e telexestión dos puntos de suministro, no telecontrol e sensorización das redes, ademais do robustecemento das infraestructuras e integración das redes de comunicación e sistemas de información coa rede convencional para optimziar a súa explotación. UFD instalou equipos de telexestión nos transformadores das avenidas das Brañas e Santiago, así como na rúa da Cachurra, en A Restreva e na zona do Campo da Feira, permitindo minimizar os tempos de resposta ante calquera incidencia.

 

powered by social2s