OFICINA CULTURA E DEPORTES

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
De 9:00 a 14:00 (de luns a venres)
Rúa de San Mauro, 11 - 15830 - NEGREIRA

Presentación

As actividades culturais e de lecer cada vez cobran máis importancia, por iso traballamos para mellorar na accesibilidade das mesmas hacia os cidadans.

A cultura, tanto dende a perspectiva da creación artística, como dende a do goce das obras realizadas, debería resultar accesible a todas aquelas persoas con ou sen discapacidade que pretendan desenvolver as súas capacidades e as súas afeccións. A Delegación de Cultura e Deportes do concello de Negreira encárgase de deseñar e programar toda a actividade Cultural e de Lecer que se leva a cabo no noso concello.

Organízanse actividades de diversa índole; teatro, música, artes plásticas e cine, obradoiros, cursillos, festivales, viaxes culturais e actos lúdicos co fin de entreter e atender aos nosos veciños.

FUNCIÓNS

Dende este departamento lévanse a cabo tamén as seguintes tarefas:

  • Promoción de actividades culturais
  • Exposicións
  • Festas tradicionais
  • Actividades dirixidas aos Centros Escolares
  • Subvencións a entidades educativas
  • Organización de charlas, cursos ou conferencias
  • Celebración de datas tradicionais

OFICINA CULTURA E DEPORTES

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
De 9:00 a 14:00 (de luns a venres)
Rúa de San Mauro, 11 - 15830 - NEGREIRA