Ao longo dos meses de xullo, agosto e setembro, o Concello de Negreira organiza un denso programa de actividades para o tempo de lecer, caracterizado polas normas de seguridade e hixiene derivadas da pandemia sanitaria da Covid19. O Verán Cultural foi presentado hoxe en Radio Negreira polo alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez e mailo técnico de Cultura e Deportes, Marcos Pérez, quenes destacaron o "esforzo" do Concello para que a veciñanza de Negreira teña a posibilidade de disfrutar das propostas para o tempo de lecer durante os próximos tres meses.
Coa apertura da piscina municipal do Coto, a partir do mércores día 1 de xullo, dáse o pistoletazo de saída ás actividades do Verán Cultural. Este ano, para o uso da piscina, non haberá os bonos específicos de tempada, mes, tanto individuais como familiares. A entrada única terá un prezo de 0,50 €. Haberá unha limitación de aforo de ata o 75% con medidas de seguridade como o distanciamento social, así como a desinfección de vestiarios e aseos.Entre as actividades de conciliación está o Campamento "Respira", dos meses de xullo e agosto, no CEIP O Coto, de 8:45 a 14:15 horas, e mailos obradoiros Diververán, de 10:30 a 13:30 horas na entrada ao Centro Sociocultural.
En xullo haberá dúas citas co Cultura a pé de rúa: O venres 3 con "Nono" (clow), ás nove da noite no parque do Coto, e o venres 31 con "Out of blue", un espectáculo aéreo, ás nove, no Coto. En agosto, o venres 7 con "C,est pas possible" (clow), ás nove da noite na praza do Concello.
En canto ás actuacións musicais, salientamos que a primeira cita será co concerto do grupo Broken Peach, o sábado 4 de xullo, ás dez da noite na praza das Brañas, con limitación de aforo. A segunda chega co "Rock na noite", o venres 17 de xullo, coa actuación do grupo Grilo e o grupo local Madame Gillotine, ás dez da noite no parque do Coto. E xa no mes de agosto e como un dos pratos fortes, o sábado 22 teremos a actuación da cantante Guadi Galego e mailas Pandereteiras da Mahía, a partir das oito da tarde na praza das Brañas. E no mes de setembro, o domingo 20 celebrarase o tradicional festival de Bandas de Música.
Entre as novidades figura o "Wakau urban fest", un festival de cultura urbana, durante todo o día, o venres 7 de agosto, no parque do Coto, con exhibicións e actuacións musicais. E varios serán os espectáculos alternativos como "Alegría sobre rodas", o venres 14 de agosto, ás sete da tarde, na praza das Brañas. En xullo, teremos a Festa do Apego, o venres 10 pola tarde no Refuxio de Covas.
No eido deportivo, este verán teremos varias andainas saudables (sábado 1 de agosto e o sábado 12 de setembro); a actividade de barranquismo no Ézaro, o sábado 15 de agosto, así como o III Open de Tenis Concello de Negreira (do 7 ao 13 de setembro), o primeiro Open de Pádel (do 7 ao 13 de setembro), e mailo XIV Día da Bicicleta, o sábado 19 de setembro.
Feira do RománicoNa súa décimo terceira edición, o Concello de Negreira mantén a cita para a primeira fin de semana de setembro (do 4 ao 6), con medidas de seguridade acorde á normativa sanitaria vixente.