Está dirixido a estudantes que precisan imprimir documentos de tarefas escolares e que non disponen de medios para a impresión nos seus fogares, en colaboración co CEIP O Coto, que poñerase en contacto con tódalas familias para notificarvos a través da aplicación Abalar Móbil ou por correo electrónico.

 

Funcionamento

Debedes enviar o que se precisa a Abalar Móbil, ao enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., ou ao número de teléfono: 881 886 822, en horario de 9:00 a 14:00 horas (de luns a venres), especificando o voso enderezo e un número de teléfono de contacto, e levarémoscho á casa.

 

Próximamente, colaboraremos co IES Xulián Magariños no reparto de medios para os estudantes que nos indiquen e, tamén, no reparto de tarefas da Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos Comarca de Barcala, cando sexa solicitado pola dirección.

 

Trátase dun servizo máis de axuda á veciñanza, en colaboración cos centros educativos e maila Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Negreira.

 

 

powered by social2s