A Asociación para o Desenvolmento Rural GDR Terras de Compostela, organiza o luns 8 de xuño en Negreira, un taller formativo sobre medidas hixiénico - sanitarias fronte a Covid-19 dirixido ao sector turístico, e que pretende ofrecer os coñecementos para a posterior implantación de protocolos que eliminen ou reduzan ao máximo, o risco de contaxio por parte de hóspedes, clientes e traballadores.
Esta formación é de carácter gratuíto e levarase a cabo o luns 8 de xuño, de 16:30 a 19:00 horas, no Auditorio da Casa da Cultura (Carreira de San Mauro, nº 11), con aforo limitado, polo que é necesario realizar a reserva de praza por orde de inscrición.
As inscricións pódense realizar a través do Servizo Local de Emprego (881 035 150 / 881 035 162), ou a través da Asociación Terras de Compostela no seguinte email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
A Asociación Terras de Compostela informa que emitirase un certificado acreditando a asistencia á formación de medidas hixiénico - sanitarias fronte á Covid_19.