doa

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), fai un chamamento xeneralizado á participación da cidadanía e, moi especialmente, aos grupos A Positivo, Cero Positivo, A Negativo e B Negativo. As reservas destes catro grupos presentan niveis baixos, polo que resulta preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón que fai ADOS. Cómpre lembrar que os hospitais galegos precisan unha media de 500 doazóns diarias para levar a cabo axeitadamente o seu labor asistencial.

 

A Axencia convida aos cidadáns a amosar o seu carácter xeneroso e solidario debido a que o aumento na demanda de compoñentes sanguíneos e a coincidencia de datas festivas nestas semanas ten repercutido nos niveis de reservas dos distintos grupos sanguíneos por mor do incremento da actividade asistencial hospitalaria e dos transplantes de órganos.

 

Facilitar a participación

ADOS agarda, novamente, contar coa participación dos cidadáns e, para iso, ofrecerá as máximas facilidades para doar, mediante o desprazamento dunha unidade móbil o luns 29 de marzo até Negreira, permanecendo estacionada diante do Centro de Saúde.

 

Horario: 9:30 a 14:30 e 16:00 a 21:00 horas

 

Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,...). A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.

 

Para máis información, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue dispón da páxina web: ados.sergas.gal, ás páxinas de ADOS en redes sociais e tamén é posible chamar ao teléfono gratuíto para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828

powered by social2s