A xogadora profesional de baloncesto, Blanca Millán, desfrutou dunha pretempada persoal nas instalacións do Pavillón de Pedra Mámoa. “Era unha oportunidade moi boa para min e, de feito, axudoume moito esta pretempada”. Así mostrou o seu agradecemento a Negreira esta deportista nada en Santiago no ano 1998. Leva dende que era unha nena no mundo do baloncesto, o que a levou á máxima categoría nacional tras moitos anos de esforzo.
Na nosa vila púidose preparar para a súa nova etapa como xogadora do Ensino Lugo. Blanca Millán volve así a Galicia despois de pasar varios anos fóra. Formou parte da liga universitaria dos Estados Unidos, onde cursou os seus estudos na Universidade de Maine. Incluso estivo a punto de entrar na WNBA. Pero o ano pasado regresou a España para desputar a súa primeira campaña como profesional no Spar Gran Canaria.
Blanca Millán estivo en Radio Negreira para falar sobre o seu paso polo noso concello. Pero, ademais, expresou as súas sensacións nos seus primeiros días como xogadora do Ensino Lugo, no que pasará a súa segunda tempada na Liga Feminina Endesa.
Escoita a entrevista aquí:
https://www.concellodenegreira.gal/attachments/article/2875/Blanca%20Mill%C3%A1n.mp3