mercado saldos.jpg

 

A Asociación de Empresarios de Negreira (ENE) organiza por segundo ano consecutivo o mercado de saldos para potenciar o comercio local e impulsar a economía do Concello. Catorce establecementos do municipio ofrecen as mellores ofertas:


Lúa Moda, Estipel, Bárbara Torres, Lunares y Pecas, María Recarey, Abraham Fotógrafas, Grupo Chancela, Garsport, Katarina, Presume Bambino, Gran Vía, Breogán Deportes, We Are B e Antonio Baliñas S.L.


Durante esta fin de semana, os achegados poderán beneficiarse de descontos de ata o 70% en todo tipo de seccións, dende roupa de tempada e elementos de decoración ata automóviles.


Despois de cada venda, os usuarios obterán vales para trocalos por lotes de produtos ou actividades lúdicas. A partir de hoxe, a ENE disporá xogos de animación polas rúas, pintadas, globoflexia e inchables na praza do Concello para os nenos e nenas.


Ademais, a semana que vén organizará un sorteo entre todos os tickets de compra xerados nos locais participantes entre os días 11 e 22 de agosto para agasallar a tres deles cun bono de cen euros para gastar en tenda. Os afortunados anunciaranse dende Radio Negreira o próximo venres.

powered by social2s