Diseño sin título 1

Coa colaboración da Concellaría de Servizos Sociais, Muller e Igualdade, o Concello de Negreira cederálles un local e o asesoramento da asociación Sen Valos, quenes levan anos traballando en materia de migración co departamento municipal de Servizos Sociais, pois vén de nacer unha nova entidade que agrupa a persoas migrantes dende o Brasil, xa que é colectivo de migrantes que máis medrou nos últimos anos en Negreira. Chámase Assis Unión e a súa presidenta é Alessandra Moreira Castro, quen leva dezaseis anos residindo na vila. Cando a ela figuran outras cinco persoas: Bruno Da Silva que é o secretario; Keila, a tesoureira, e coma vogais figuran Elaine e Irene.

 

Assis Unión naceu neste 2022 se ben foi xestada o 8 de abril de 2021. Trátase dunha organización sen ánimo de lucro e que como ben sinala Alessandra “queremos aportar apoio para os migrantes na integración na sociedade de Negreira, a través de prestar apoio psicolóxico, xurídico, coñecemento da cultura galega, ou mesmo participar dun intercambio cultural para lograr unha maior integración en Negreira”, segundo afirmou Alessandra na súa presentación nos micrófonos de Radio Negreira.

 

“Queremos además ser un canal para los usuarios que necesiten información, y realizar talleres y charlas para ayudar con apoyo escolar, clases de refuerzo a recién llegados, y ofrecer información sobre los recursos existentes», expón Bruno Da Silva. Sinalan que as persoas que veñen de chegar a Galicia dende outro país non saben cómo adquirir a sua tarxeta sanitaria, ou qué servizos poden solicitar, permisos ou convalidar estudos e títulos, e que mesmo poden ter problemas co idioma, a búsqueda de traballo e en definitiva, a adaptación. Por iso están dispostos a axudar a persoas migrantes e non só do Brasil, tamén aos procedentes de outros países, din.

Escoita a entrevista en Radio Negreira

powered by social2s