Grazas ao requerimento do Concello de Negreira, a Axencia Galega de Infraestructuras vén de completar unha actuación de mellora da seguridade viaria nun punto negro de concentración de accidentes na estrada AC 447 á altura do cruzamento da Barquiña cara A Chancela.

 

Mediante un cambio de sinalización no pintado viario, creouse unha semiglorieta no espazo da antiga estrada comarcal para que os vehículos procedentes de A Pontemaceira, poidan facer o xiro á esquerda cara A Chancela con maior seguridade, pois xa non terán que parar no medio do viario para facelo xiro. Agora, deben circunvalar a semiglorieta e facer a parada obrigatoria antes de cruzar a calzada.

 

 

Dita actuación completouse co pintado dunha dobre liña no centro da calzada que impide adiantar neste tramo en recta onde nos últimos anos producíronse accidentes de tráfico graves co resultado dunha persoa falecida no ano 2018. Dende antes incluso, o Concello de Negreira requeriulle á Xunta de Galicia que actuáse nese punto negro como titular da vía, e debido a que tamén é un paso obrigado de peregrinos de entrada a Negreira polo Camiño de Fisterra e Muxía. Sen embargo, as actuacións de pintado na estrada non impediron que se seguisen producindo accidentes de gravidade na zona.

powered by social2s