Co obxectivo de prevención e frear o avance do coronavirus (COVID-19), o Concello de Negreira tomou as seguintes medidas, á espera de coñecer as actuacións de xestión dos concellos na reunión entre a Xunta de Galicia e maila Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP).

 

EDUCACIÓN

Péchase a Escola Infantil de xestión municipal, a partir do luns 16 de marzo. No obstante, recoméndase, na medida do posible, non levar aos nenos e nenas á escola dende o venres 13 de marzo. Catorce días contados dende o luns 16 de marzo.

 

Suspéndensen as clases da Escola Municipal de Música, no Centro Sociocultural, dende o xoves 12 de marzo. Catorce días contados dende o luns 16 de marzo.

 

CULTURA

Suspéndense dende hoxe as distintas escolas culturais (teatro, debuxo e pintura, pandeireta, baile tradicional), así como toda a actividade nas bibliotecas municipais, auditorios, aulas específicas e outras dependencias municipais da Casa da Cultura, do Centro Sociocultural, e do edificio do antigo instituto).

 

DEPORTES

Suspéndense dende hoxe as distintas escolas deportivas (ximnasia rítmica, ximnasia de mantemento, pádel, fútbol sala, patinaxe, baloncesto, tenis, ciclismo ou atletismo), que se realizan nas instalacións municipais, decretándose o peche do pavillón de Pedra Mámoa, as pistas de tenis e pádel, os campos de fútbol Jesús García Calvo e Cepelo, así como as actividades da Piscina Climatizada; suspendéndose as actividades organizadas por entidades alleas, en instalacións municipais.

 

OUTRAS ACTIVIDADES

Quedan suspendidos os Obradoiros de manualidades e creatividade ¨Animando as parroquias¨, así como os cursos que son impartidos dende o servizo de Voluntariado Social.

 

ATENCIÓN SOCIAL E SERVIZOS MUNICIPAIS

Non se suspende a actividade municipal, pero adoptaránse as medidas necesarias para evitar a concentración de persoas.

 

Prégase á cidadanía que realice as súas consultas de forma telemática e telefónica, e que acuda presencialmente só en casos imprescindibles.

powered by social2s