galadep100218.jpgA sétima Gala do Deporte de Negreira serveu de homenaxe aos nosos deportistas e clubes. O xurado, composto por membros de todos os clubes, recoñeceu o esforzo dos dous anos do Triatlón Solidario de Negreira a favor das enfermidades raras, á vez que a madriña da gala, a nena Sara Vieites Ferreiro, todo un exemplo de esforzo e superación grazas ao deporte, puso en pé a todo un auditorio como mostra do agarimo do público participante na gala no que foi sen dúbida, o momento máis emotivo da velada.

 

Houbo homenaxes tamén a Pablo Carnota Brenlla, polo súa gran vinculación co deporte de Negreira e A Baña, falecido tristemente nun accidente de tráfico o pasado ano, ou o galardón ao mellor colaborador co deporte para a empresa Hermanos Mallón, homenaxeando a un dos seus fundadores, José Mallón Vilas.

 

O premio á traxectoria deportiva foi para Carolina Vázquez, tras máis de trinta anos como adestradora da Asociación O Coto, de kárate. O galardón de mellor club do 2017 levouso a Escola Akai Ryu, que tamñen viu como o premio de mellor deportista promesa masculina foi para David Rico Balea, de oito anos, campión galego en kata benxamín e participante no Campionato de España.

 

O de mellor promesa feminina foi para Alba Cuns, xoven atleta do Atletismo Negreira, campioa galega infantil de salto de lonxitude e subcampioa en velocidade, ademáis de campioa provincial.

 

O premio ao mellor deportista de 2017 recaeu no xoven porteiro da SD Negreira de Terceira División, Rodrigo Iglesias, membro da Selección Galega que está desputando a fase intermedia da Copa das Rexións Uefa de seleccións autonómicas. Este galardón foille entregado polo presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán.

 

O alcalde, Jorge Tuñas Caamaño, estivo acompañado polo deputado provincial Antonio Leira, así como concelleiros e concelleiras da Corporación Municipal, alternándose premios coas actuacións de alumnas da Escola de Ximnasia Rítmica, do mago Romarís e o colofón do espectáculo aéreo da compañía IO.

powered by social2s