Con motivo da situación de emerxencia de saúde pública provocada polo COVID-19, o artigo 6 do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma, establece que cada administración conservará as competencias que lle outorga a lexislación vixente na xestión ordinaria dos seus servizos para adoptar as medidas que estime necesarias no marco das ordes directas da autoridade competente para os efectos do estado de alarma
Nese contexto, para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, resulta imprescindible ditar instrucións sobre a xestión de residuos domésticos, tanto para o seu manexo domiciliario en fogares con pacientes, como para a súa xestión posterior, así como sobre a xestión dos residuos procedentes de hospitais, ambulancias, centros de saúde, laboratorios, e establecementos similares en contacto con COVID-19
Instruccións
1. En fogares con positivo ou en corentena por COVID-19, as bolsas de fracción resto xeradas, adecuadamente pechadas seguindo as recomendacións do apartado 1 do anexo, depositaranse exclusivamente no contedor de fracción resto ou en calquera outro sistema de recollida de fracción resto establecido na entidade local.
Nos sistemas de recollida húmido-seco, as bolsas depositaranse na fracción que indique a entidade local e dita bolsa recibirá o tratamento indicado no apartado segundo.4.
Queda terminantemente prohibido depositar tales bolsas nos contedores de recollida separada (orgánica, envases, papel, vidro ou téxtil) ou o seu abandono na contorna ou na vía pública.
2. A xestión dos residuos procedentes de fogares sen positivo ou en corentena por COVID-19, continuará realizándose do modo habitual conforme á normativa ordinaria de xestión de residuos, tendo en conta as recomendacións do apartado 2 do anexo.
Pode consultar a Orde SND271/2020, de 19 de marzo, pola que se establecen as instruccións sobre xestión de residuos na crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.
https://www.boe.es/eli/es/o/2020/03/19/snd271/con