Celebrouse no Auditorio Afonso Eanes, a reunión preparatoria para as viaxes do Imserso do ano 2023 coa participación dun cento de veciños e veciñas de Negreira.
Como novidade, dende o departamento municipal de Servizos Sociais destacan o feito dun cambio na normativa da Dirección Xeral do Imserso segundo a cal, todas as persoas seleccionadas para cada viaxe deben pagar unha reserva de 40 euros, antes deste venres 30 de setembro no número de conta do Concello no Banco Sabadell Gallego… e que logo serán descontados do prezo final que deberán abonar a Mundiplan, a axencia organizadora das viaxes.
En total, a Negreira correspóndenlle 120 prazas –coarenta por cada unha das tres viaxes-, aos seguintes destinos:
1ª- HUELVA: saída o 18 de febreiro, durante dez días. O custo é de 242 euros por persoa.
2ª- TENERIFE: saída o 3 de marzo, durante dez días. O custo é de 364 euros por persoa.
3ª- MALLORCA: saída o 17 de abril, durante dez días, e o custo é de 277 euros por persoa.
Hoxe efectuouse ademáis, o sorteo entre aquelas persoas ás que non lle foi asignada praza fixa, poloque quedarán nunha listaxe de agarda por si se producen baixas en cada unha das tres viaxes.