BANDO DE ALCALDÍA
DON MANUEL ÁNGEL LEIS MÍGUEZ, ALCALDE DO CONCELLO DE NEGREIRA (A Coruña)
Comunico a todos/as os/as veciños/as, que ante a incidencia de casos producidos nos últimos 14 días polo Covid 19 neste termo municipal, e trala xuntanza mantida coa Consellería de Sanidade, informase que a nosa situación é de risgo MEDIO-ALTO, o que conleva a:
-Movilidade reducida ó límite do noso Concello coa área de Santa Comba e Mazaricos.
-Peche as 17.00 da hostelería e restauración, así como un aforo de 30% interior e 50% en terrazas dos mesmos.
-Reunións de 4 persoas máximo.
Ademáis, o Concello decidiu adoptar as seguintes medidas a prol de ter un maior control da situación de cara a estas datas de Nadal:
1ª SUSPENDER TODAS AS ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS PREVISTAS.
2ª SUSPENDER TODAS AS ESCOLAS DEPORTIVAS E CULTURAIS.
3ª PECHE TEMPORAL DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS.
Este Concello de Negreira tamén quere recordar a toda a veciñanza que é imprescindible cumprir as recomendacións das autoridades sanitarias para previr e evitar a transmisión do Covid-19:
- Usar máscara, que é obrigatorio en tódalas circunstancias.
- Lavar as mans con frecuencia ou usar as solucións hidroalcohólicas.
- Evitar as aglomeracións, reunións e actos sociais.
- Se presenta síntomas (febre, tos, dor de cabeza, perda de olfato e gusto,…) quedar na casa e contactar vía telefónica co médico de atención primaria.
O concello pide á veciñanza que continúe colaborando na loita contra o virus e siga as recomendacións do Ministerio de Sanidad, Consellería de Sanidade e do Concello de Negreira.
No caso de ter algún síntoma contactar co teléfono de información para a cidadanía
900 400 116
Para máis información www.coronavirus.sergas.gal
Negreira, 17 de decembro de 2020.
O alcalde
Manuel Ángel Leis Míguez