Trinta e cinco nenos e nenas de Negreira recibirán o seu agasallo dos Reis Magos grazas á colaboración de persoas solidarias que de forma anónima recibiron unha carta na que un neno ou nena, pediu varios agasallos, dos cales, os participantes na campaña para axudar aos Reis Magos mercaron só un, de valor igual ou inferior a trinta euros.

 

A campaña estivo promovida dende o Servizo de Voluntariado, quen agradece o esforzo de todas as persoas participantes que no ano 2020 permitiu que 38 cativos e cativas tivesen un agasallo mediante esta campaña para axudar aos Reis Magos.

 

 

 

A concelleira de Servizos Sociais, Muller e Igualdade, María del Mar García Vidal, valorou de “moi positiva” a colaboración de tantas persoas, e sinalou que “este compromiso demostra que existe unha enorme solidariedade para que ano tras ano, rapaces e rapazas de familias con escasos recursos, non queden sen o seu agasallo”.

 

Na campaña tamén participa o departamento municipal de Servizos Sociais e mailo Centro de Información ás Mulleres.

powered by social2s