O sábado, pechando a xornada de Clausura das Escolas Deportivas, tiveron lugar os partidos da fase final da Copa de Fútbol Sala dos concellos de Santa Comba e Negreira.
Enfrontábanse polo terceiro e cuarto posto os equipos de Autoescola Antonio e a Autoescola Alvespa, o partido rematou nun empate a tres, e a quenda de penaltis decidiu que o equipo negreirés, Autoescola Antonio, se quedase co terceiro posto.
Acto seguido, tivo lugar a gran final, entre os equipos de Covas FT e Autoescola Mata, unha final rifada que acabou cun empate a catro tantos. De novo, foi a quenda de penaltis a que decidiu ao vencedor. Nesta, impúxose o negreirés equipo de Covas FT ante o maior atino baixo paos do seu porteiro.
A entrega dos trofeos realizárona o alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño e a técnica de Deportes de Santa Comba, Elisa Capelo.