Foto principal.jpeg

Segundo se comprometeu o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, co alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, a Deputación da Coruña avanza cara unha mellora considerable das condicións de seguridade na estrada provincial DP 5602, de Negreira a Pontenafonso, mediante o estudo e alternativas para unha nova ponte no lugar de Barbazán.

 

Así, este mércores 25 de outubro, visitou a zona en cuestión, a deputada de Vías e Obras, Mónica Rodríguez, acompañada polo alcalde negreirés e persoal técnico do departamento provincial de estradas e do equipo encargado da redacción do proxecto para supervisar a zona da ponte de Barbanzán e coñecer in situ, as diferentes alternativas plantexadas para ampliar a estrada nesta zona, onde o vial se estreita notablemente e ocasiona un embudo.

 

Negreira 2.jpeg

 

Mónica Rodríguez lembrou que a Deputación executou nos últimos anos un investimento de máis de 2,5 millóns de euros para a ampliación e mellora da estrada nos seus primeiros oito quilómetros e pretende agora “completar o traballo eliminado o estreito paso da ponte sobre o río Corzán para que o vial teña neste tramo as mesmas características de anchura e seguridade que no resto”.

 

“Estamos valorando a mellor opción posible desde o punto de vista técnico e económico co equipo redactor do proxecto. O noso obxectivo é completar a actuación cunha mellora integral da seguridade ao longo de todo o vial, para o que é preciso construir unha nova ponte”, segundo sinalou a deputada provincial responsable de Vías e Obras na súa visita a Negreira..

 

powered by social2s