Un ano máis o Concello de Negreira, a través da delegación de Cultura e Deportes, e con esta e xa van catorce, promove o certame de pintura, este vai dirixido ós mozos con idades de entre seis e dezaeoito anos, dividos en dous grupos, facendo a partición nos doce anos.
O motivo da pintura, asi como os materiales e as técnicas son completamente libres, as únicas restricción é: a obra debe ser orixinal e non pode ter sido premiada en nalgún outro premio ou certame. O tamaño é preferible que sexa A3.
Os traballos hánse de entregar na Delegación de Cultura e Deportes, na Casa da Cultura. O prazo abriuse o día 26 e estará neste estado ata o dia 10 de maio. Os traballos entregados deberán estar acompañados do formulario de inscripción.
A decisión do xurado faráse pública o 15 de maio e farase a entrega de premios ese mismo dia ás 20:00h no Auditorio do Centro Sociocultural.
Hánse repartir premios económicos para os tres primeiros postos de cada categoría de idade.
Toda a información ampliada no tríptico oficial e o formulario, na seguinte pdf: