O alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez; a primeira tenente de alcalde, María del Mar García Vidal e os concelleiros, Iván Guardado Porto, Adolfo Manuel Barbosa e Teresa Duro presentaron a variada oferta do Verán Cultural 2022 no anfiteatro da rúa Teresa Fabeiro, un dos novos espazos de lecer na nosa vila.

O programa –pódelo consultar ao final do texto-, contempla máis dunha trintena de actividades entre os meses de xullo e setembro, onde sobresaen concertos como os De Vacas, o sábado 9 de xullo dento das festas de San Cristovo, do 7 ao 9 de xullo, incluíndo o domingo o concerto da Banda Ateneo de Negreira; aos que se engaden os de Bala, Arrithmya e Talesien no NICRAROCK máis potente dos últimos anos o venres 15 de xullo.

O sábado 23 volven as noites en Vela en Pontemaceira coa actuación do grupo Folk "Caldo". Tampouco faltarán as citas do Cultura a pé de rúa, con a modo de clow o 8 de xullo, mentres que en agosto será o momento do espectáculo "Isolada" o venres 5 de agosto.

Unha das novidades que salientou o alcalde de Negreira, vai a ser que a noite Folk, que terá lugar en agosto, vaise a celebrar en duas xornadas, o sábado 20 de agosto coa actuación de TNT, Fransy, Cibran, Salvado e o grupo madrileño"Celtian" e o domingo o mediodía a actuación estrela de Xabier Diaz e Adufeiras do Salitre. Tamén hai que destacar o campamento urbano "Respira", os campamentos de verán en Porto do Son, os obradoiros Diververán no Centro Sociocultural, ou os cursos de natación na piscina municipal do Coto.

No mes de setembro, terá lugar a Feira do Románico os días 2, 3 e 4 e o Festival de Bandas de Música, o domingo 18 na praza do Concello.

Impulso ó deporte

Durante os meses de xullo e agosto desenvolveranse distintos campus deportivos organizados polos clubes locais, tal é o caso do Campus Compos de fútbol, pola Asociación Deportiva Nicrariense (ADN); o Summer Training Days, de baloncesto, e o Clínic de Tenis de Verán, organizado polo club Tenis Negreira.

 

powered by social2s