Captura.JPG

A Unidade de Atención Temperá de Negreira e Val do Dubra pasou a formar parte dende o mes de marzo de 2022, da Rede Galega de Atención Temperá. A UAT concíbese coma un espazo biopsicosanitario que realiza intervencións dirixidas á rapazada de 0 a 6 anos, a súa familia e o seu entorno. Na actualidade, atende a 46 nenos e nenas. Os luns, martes e mércores nas instalacións de Negreira, situadas na rúa de Castelao. Os xoves e os venres, en Val do Dubra. O horario é de 9:00 a 14:00 horas.

A Unidade de Atención Temperá de Negreira e Val do Dubra confórmana catro especialistas que se distribúen nas áreas: conductal; cognitiva, linguaxe e psicomotora. Trátase dun equipo interdisciplinar no cal se realizan tarefas de acción nas intervencións e de coordinación tanto a nivel interno coma en outros organismos da contorna.

En continuidade coa atención dos menores con diversidade, dende o Concello de Negreira xerouse un espazo de traballo para menores de 6 a 14 anos, a través do Servizo Terapéutico Municipal, cuxa profesional encargada de coordinar a UAT e o servizo, é a logopeda, María Jesús Cao Meitín. O servizo municipal ofrece unha atención especializada para atender as necesidades específicas, dándolle continuidade á atención realizada ata os seis anos.

Ámbitos de intervención

A integración dos menores no seu entorno realízase nos ámbitos “psicolóxicos, educativos, de apoio… de forma que se xeneren interaccións en condicións axeitadas”, subraia María Jesús Cao, quen engade que para apoiar todo isto, existe “o Manual de Boas Prácticas da Atención Temperá, creado pola Confederación Española de Organizaciones en favor de las Personas con Discapacidad Intelectual”, que ademais considera o obxeto de intervención como tridimensional: neno; familia e entorno.

Sobre os motivos de demanda, Gemma González, responsable da área de psicomotricidade, alude ás dificultades de linguaxe “expresivo, comprensivo e lectoescritura”, e a nivel psicolóxico “como conduta, xestión emocional, autoconcepto…, e o cognitivo coa planificación, inflexibilidade cognitiva; a psicomotricidade como o desenvolvemento motor, ou a pinza dixital”, segundo explica Gemma. Tamén figuran as funcións executivas (atención, memoria), ou adaptativo (autonomía, actitudes hacia a vida); entre outras.

Procedemento ante unha demanda

Unha vez recibida unha demanda, derivados polos servizos de Pediatría, Ensinanza Infantil, municipais ou familia; realízase unha folla de derivación e unha consulta de acollida para coñecer aos menores e familias. “Facemos unha entrevista de evaluación inicial coas país, onde se organiza a información sobre o desenvolvemento en aspectos como saúde, linguaxe, autonomía, ou ambiente familiar”, afirman.

Aparte de evaluar ao menor no espazo en temas cotidiáns como gustos, intereses e a interacción no grupo de iguais, se procede a realizar unha sesión de valoración na que poner en común o observado e decidir a posibilidade de incorporar ó menor “marcando os obxectivos de intervención e tendo en conta os horarios”.

Escoita a entrevista en Radio Negreira

powered by social2s