O campo da feira acolleu o pasado sábado 4 de maio, a edición número vinte e catro do Encontro dos maiores de Negreira, na que foi a despedida do alcalde, Jorge Tuñas Caamaño; e tamén da concelleira de Servizos Sociais e Educación, María Jesús Veiga Hortas, e do ex alcalde, Juan Rey Maceira, pois ningún deles concorrerá aos comicios municipais do 26 de maio.
Os irmáns Victorina e Jesús Dourino Forján Mayo, de 102 e 100 anos, respetivamente, foron homenaxeados coma os máis lonxevos entre os setecentos participantes, recibindo sendos agasallos de mans do alcalde Jorge Tuñas, e mailo primeiro tenente de alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez. O evento incluíu un baile final amenizado polo dúo Matices.