Este sábado 4 de decembro levaremos a cabo en Negreira o acendido da iluminación navideña nas rúas da vila. Vai ser nun acto que comezará ás 18.30, a través do pasarrúas máxico infantil “Luz do Camiño”, a cargo do grupo Troula Animación, os cales percorrerán as rúas da vila con música, luces e moita animación para rematar na praza do Concello.
Xa o venres día 10 teremos teatro infantil con Títeres Cachirulo, no Auditorio, ás 19:00 horas, mentres que o sábado 11 celebrarse a terceira edición da Carreira do Turrón, a desenvolverse dende as 16:30 horas no pavillón do colexio O Coto.
O xoves 16 terá lugar o acto literario do Fallo do xurado do décimo Certame de poesía “Xosé M. López Ardeiro”, ás 20:00 horas no Auditorio, e coa actuación de Prabhu & Lorenzo. O venres 17 agarda a Audición de Nadal, a cargo do alumnado da Escola Municipal de Música, a partir das 18:00 horas no Auditorio.
O sábado 18 e mailo domingo 19 de Nadal, a carpa da praza do Concello acollerá o Mercado de Nadal organizado pola Asociación de Empresarios de Negreira, en horario de 11:00 a 20:00 horas.
Para despedir o ano 2021 nas escolas infantís, o martes 21 teremos o espectáculo “O castiñeiro do Apalpador”, en dobre función: na Escola de Aro, ás 11:00 horas, e no Centro Sociocultural, a partir das 17:30 horas, coa compañía Fantoches Baj. Ese mesmo día, ás 18:30 horas, terá lugar o Festival de Nadal da Escola Municipal de Teatro, no Auditorio.
Gran Festival de Nadal
Vai selo domingo 26 de decembro, a partir das seis da tarde no Auditorio, con entrada de balde. O luns 27 teremos teatro coa compañía Traspediante, ás seis da tarde e no Auditorio.
O xoves 30 será cita coa obra: “O crebanoces”, de Os Bolechas, a partir das seis da tarde no Auditorio.
Divernadal
Os obradoiros de conciliación para as familias de Negreira terán lugar os días: 27, 28, 29 e 30 de decembro, e mailo 3 e 4 de xaneiro.
Xaneiro
O domingo 2 e mailo luns 3 teremos a Festa do Neno, no pavillón do colexio O Coto, nos seguintes horarios: de 11 a 13, e de 17 a 20 horas.
O mércores 5 agárdanos a Cabalgata dos Reis Magos que partindo do Campo da Feira (17:00), recupera a recepción real dende o balcón da Casa do Concello, ás seis da tarde.