Diseño sin título (18).png

Trinta e cinco nenos e nenas de Negreira recibirán o seu agasallo dos Reis Magos grazas á colaboración de persoas solidarias que de forma anónima recibiron unha carta na que un neno ou nena, pediu varios agasallos, dos cales, os participantes na campaña para axudar aos Reis Magos mercarán só un, de valor igual ou inferior a trinta euros.

 

A campaña está promovida dende o Servizo de Voluntariado, quen agradece o esforzo realizado por todas as persoas participantes que no ano 2020 permitiu que 38 cativos e cativas tivesen un agasallo mediante esta campaña para axudar aos Reis Magos.

 

Un dos requisitos segundo explicou en Radio Negreira a súa coordinadora, Laura Platas, é que as familias beneficiarias deben de levar máis de seis meses residindo no noso concello. Igualmente, Laura Platas facía un chamamento para a doazón de xoguetes en bo estado que poden ser entregados ou ben no Roupeiro municipal, ou poñéndose en contacto coa oficina do Voluntariado no número de teléfono: 664 074 674.

 

Laura Platas fíxo ademais un chamamento á cidadanía para que as aportacións de roupa e calzado que se fagan ao Roupeiro, cheguen nun estado óptimo para os destinatarios da axuda.

powered by social2s