portada271117.jpgMáis de duascentas persoas camiñaron o pasado sábado en Negreira contra a violencia de xénero, na sexta Andaina para visibilizar o rexeitamento ao maltrato que anualmente promove o Centro de Información ás Mulleres (C.I.M.), coincidindo co 25N.

 

grupo271117.jpg

 

Foi un percorrido circular polos paseos fluviales da vila ata a Casa do Concello, incluíndo a entrega de camisetas e unha chocolatada con rosca final no Centro Sociocultural. Os actos contaron coa presenza do alcalde, Jorge Tuñas Caamaño, quen salientou que «o día máis feliz para todos nós é cando non haxa que facer esta andaina, porque sería por fin que se acabase a violencia contra as mulleres». Tamén interviu a concelleira de Emprego, Muller e Igualdade, María del Mar García Vidal, quen lembrou as verbas que lle dicía o seu avó que «a muller polo simple feito de ser muller é maravillosa, podemos levar unha familia adiante, podemos levar unha casa adiante, temos os nosos empregos, temos un soldo desgraciadamente inferior ao dos homes, pero aínda así, intentamos loitar polo que é a igualdade», afirmou.

 

iriafreire271117.jpg

 

Durante o acto entregáronse os premios do sétimo Certame Loita contra a violencia de xénero, para escolares de Negreira.

 

O de mellor relato recaeu en Iria Freire Agra, alumna de 16 anos do IES Xulián Magariños, por ¨Diario en Braile¨, mentres que o de mellor cartaz gráfico foi para Alicia Campos Manteca e Noa Beiroa Pais, de 10 anos.

 

O acto concluíu coa lectura dunha poesía de Rosalía de Castro, da súa obra Cantares Gallegos, pola moza Iria Freire Agra

powered by social2s