As Escolas Deportivas Municipais volven a coller certa normalidade co inicio das competicións deportivas comarcais, neste caso coa "Liga Exprés" de Futbol Sala, que comeza este venres 11 de febreiro coa disputa da 2ª xornada, debido ao aprazamento da primeira. O pavillón municipal de Pedra Mámoa alberga tres partidos dende as 16:30 horas.

 

Negreira conta este 2022 con cinco equipos dende a categoría Prebenxamín ata a Alevín. E para esta primeira xornada serán "Os Miúdos" de Muros, o rival do equipo Negreira A.

 

Por outra banda, o equipo de baloncesto do Concello de Negreira está a disputar a Liga de Minibasket Zonal Masculina, tralo acordo co Club Baloncesto Brión. Froito deste acordo creáronse dous equipos, un de Minibasket (Sub-12) e outro de Babybasket (Sub-8), que agardan seguir medrando para fortalecer o baloncesto no noso concello.

 

De cara a primavera, tamén agardamos poder levar a cabo outras iniciativas deportivas como a Gala de Ximnasia Rítmica, torneos de xadrez, miniligas de pádel, ou competicións de tenis.

 

#NegreiraÉDeporte

powered by social2s